• sementeira
  • Establécense as bases reguladoras das axudas para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, tendo como finalidade:

    a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.

    b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

    c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

    Poderán ser beneficiarios:

    a) As cooperativas agrarias que teñan como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola(CUMA), as sociedades agrarias de transformación(SAT), que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG núm. 251, do 30 de decembro), de cooperativas de Galicia.

    b) O resto das cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario para prestaren servizos aos seus socios.

    c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade e as SAT procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións, nos 10 anos posteriores á súa constitución.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de febreiro: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170102/AnuncioG0426-261216-0002_gl.pdf

     

    Rúa Río Arnoia, N° 12,
    Edificio Multicentro, Local 20
    32630 - Xinzo de Limia - Ourense
    Tlf./Fax: 988 68 05 21 - 616 76 48 05
    adegalxinzo@gmail.com